Aproveito nesta entrada para amosarvos uns trabllos de alumnos de 1º da ESO sobre "composicións modulares" feitos a través dunha aplicación interactiva online que prové a páxina web: http://www.educacionplastica.net/.
É unha ferramenta sinxela pero moi intuitiva e agradecida nas dinámicas na aula. Axuda moito ós alumnos á comprender mellor moitos conceptos de composición, distribución e orientación espacial, repetición dun modelo, creación BI e TRIdimensional no espacio...
Estes traballos son unha "proba da aplicación" que fixemos este venres pasado na aula.
Tamén me serviu esta entrada para probar coa edición de presentacións dixitais en forma de revista ou de libro que ofrecen algúns sitios web, para mellorar a exposición de traballos ou contidos da materia. Neste caso empreguei os servicios online que prové a web: http://www.axmag.com/.
No hay comentarios:
Publicar un comentario