Neste post quero recomendar a navegación por unha serie de Webs e Blogs que coido poden ser de gran utilidade.
Emprégoas con frecuencia tanto para elaborar e recompilar material educativo, como para o uso de diversas aplicacións na aula e nas sesións de abalar.
Conteñen moitos recursos tanto a nivel de teoría como na práctica interactiva a través de applets e aplicacións informáticas, nas que o alumno aprende ó mesmo tempo que xoga e constrúe.
Blog adicado ó mundo do debuxo e á Educación Plástica e Visual, que consta entre outros campos, de biblioteca de recursos online, exposicións de traballos dos alumnos, webquests,presentacións, etc...
Link á biblioteca de recursos online do Blog citado anteriormente "Espiral Cromática". É un autentico mapa de recursos e aplicacións online ordenados alfabéticamente sobre Educación Plástica e Visual, que abrangue moitas áreas do debuxo e moitos niveis educativos. Un auténtico luxo.
Trátase dun blog moi parecido ó de "Espiral Cromática" en canto ó que pode ofrecer a quen o visualiza e o usa, con aplicacións e traballos diferentes, galería online de recursos,presentacións, espacios "wiki" de traballo, etc...
Link á biblioteca de recursos online do Blog citado anteriormente "Las TIC en Plástica". Ambiciosa biblioteca de recursos e aplicacións online. Moi completa.
Web da area de Educación Plástica e Visual chea de explicacións interactivas, exercicios prácticos, recursos para o aula, e enlaces. Inda que toca moitos dos ámbitos da EPV, oriéntase, sobre todo polo de agora, máis cara ó ámbito do debuxo técnico, dos sistemas de representación e das transformacións xeométricas, tamén indicados na composición artística. Ofrécenos moitos applets interactivos de fácil manexo nos que poderemos, por exemplo, construir en axonométrico pezas 3D, ó mesmo tempo que as podemos rotar, crear módulos bidimensionais, etc...Interesantísima e moi recomendable.
Web personal de Paulo Porta, "home inquedo", artísta, profesor, comunicador, presidente de "AGEDA" (Asociación Galega de Ensinantes De Arte), director e organizador de moitos e diversos cursos relacionados coa Educación Artística, coas Novas Tecnoloxías e o mundo da Imaxe. Nesta páxina atoparedes: documentos teóricos e aplicacións relacionadas co debuxo técnico; un amplo mapa de recursos, cursos e exemplos trazado ó redor da estructura, construcción e reflexión en torno á imaxe; unha parte máis persoal adicada a súa producción pictórica.
Web adicada ó mundo das TICs na Aula. Atoparemos artigos, cursos de formación nas TICs, recursos educativos para a aula, espacios de traballo e colaboración, blog específico, etc...É un auténtico contenedor de ideas para adentrarnos e mellorar o noso emprego das TICs como profesores. Abrangue moitos niveis educativos e moi específicos, así como refire á todas as áreas curriculares. Unha páxina imprescindible.
Blog adicado á Historia da Arte e da Música. Contén índice temático de áreas/ámbitos artísticos, movementos artísticos; diccionarios visuais dos termos de arte; índice de artístas por especialidade artística; comentarios de obras artísticas; diccionario biográfico de autores; actividades da Historia da Arte; presentacións de Arte e Música, etc...Interesante Blog para fornecer ás actividades na aula, con contidos éxemplos e imaxes da Historia da Arte.